PRODUCCIÓN POR: Mónica Lemos
CONTO DO RATO DE MONTE
Salia unha vez un rato da casa nun día de inverno. Dando un paseíño encontrou outro rato, pero este vivía no monte, e esta cheo de frío e moi fraco. O rato da casa acercouse a veira do rato de monte e díxolle:
- ¿E ti como estas así, tan fraco? Vente comigo que alí onde eu estou hai sempre de comer, sen necesidade de pasar frío ningún , e tampouco tes que mollarte para buscar de comer, vente.
- ¿E o gato?- preguntoulle o rato de monte.
- ¡Boh! - contestoulle o da casa - Hai alí un, pero é coma se non estivese, sempre está durmido, ti ven, e verás como paso diante del e nin sequera me sinte.
Alí que foron os dous para casa, decididos a enchelo buche e vivir coma reis.
Pero, cando chegaron a casa, viron o gato durmindo diante da porta. Pasou o rato da casa por diante del ¡Todo confiado!
O gato abriu un chisquiño un ollo e logo outro chisquiño o outro ollo e ¡¡BUM!! Deu un brinco e ¡O rato da casa quedou entre as unllas e os dentes do gato!, que agora xa tiña os ollos ben abertos.
O rato de monte, que tal mirou, deu media volta e dixo:
- Mais vale no monte fraco que gordo no cu do gato
No hay comentarios:
Publicar un comentario