Entrada destacada

BIENVENIDOS

viernes, 19 de junio de 2020

DESPEDIDA AULA PT BELÉN

Ola nenos e nenas!! 

Despois dun longo e  estrano curso chegan , por fin, as tan esperadas vacación de verán. Non podemos despedirnos, como todos os anos, cunha festa, todos xuntos, nin cun abrazo, para desexarnos unhas felices vacacións.

Todos e todas fixechedes un gran traballo e esforzo ao longo de todo o ano, polo que agora chega o momento de descansar, divertirse e disfrutar.

Quero darvos as grazas, porque vos comportastes como uns campións/as, cumplindo todas as normas que vos mandaban quedando na casa durante o confinamento, facendo o traballo que vos poñíamos…

Tamén quero dar as grazas as familias, grazas polo voso esforzo, a vosa paciencia e o voso traballo, sen vos isto sería moito máis complicado.

Aos de quero desexarvos moita sorte na vosa nova andadura no Instituto. Sei que vos vai ir todo moi ben. Gustariame ter a oportunidade de despedirme de vós, espero que para o próximo curso , veñades visitarnos algún día. 

Os demais , vémonos en setembro!


No hay comentarios:

Publicar un comentario